INFO ÚTIL

Costeira Sonora

Sábado 28 de setembro. 17.00h
Pazo de Toubes (Cenlle. Ourense)

Coincidindo cos últimos días da vendima, Costeira Sonora chega ao corazón do Ribeiro para maridar os praceres de escoitar boa música e degustar un bo viño.

O último sábado de setembro desde as 17h, no recentemente rehabilitado Pazo de Toubes i entre máis de 8 hectáreas de viñedos, as propostas musicais de ÁNGEL STANICH TRIO, EL MEISTER, LAS CHILLERS, MARÍA YFEU y SURMA uniranse aos caldos de Viña Costeira (D.O. Ribeiro), nunha experiencia enomusical de dobre disfrute.

Se amas o viño, se amas a música, se tés gana de novas experiencias, non podes perderte esta aventura de maridaxe sonora que ideamos como unha colaboración interdisciplinar entre músicos e sumilleres. Asociaremos un viño a cada artista, como acompañamento sensorial a cada concerto, para estimular e potenciar a experiencia musical. Atréveste?

ENTRADAS E PULSEIRAS

Para acceder a COSTEIRA SONORA, debes cambiar a túa entrada por una pulseira nos espacios habilitados para elo, ben a pé de autobús, se adquiriches a entrada que inclúe transporte dende Ourense, ou na porta do recinto se chegas nunha das lanzadeiras dende Ribadavia ou Leiro. (ver apartado como chegar a Costeira Sonora).

Unha vez que canxearas a túa entrada, a pulseira pasará a ser o que certifique o teu dereito de acceso a COSTEIRA SONORA. A perda da pulseira, suporá a perda do dereito de admisión. Por elo, coida a túa pulseira para que se manteña en perfecto estado de conservación, xa que non se admitirán pulseiras daadas ou rotas. Se a túa pulseira está desgastada ou che incomoda, non a quites, diríxete á entrada do recinto e poderemos axudart.

A pulsera vaiche permitir o libre acceso ao recinto, poderás sair e entrar do recinto as veces que o precises ao longo da xornada.

DEVOLUCIÓN DE ENTRADAS

Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin devolto o seu importe,agás en caso de cancelación do evento.

COMO CHEGAR A COSTEIRA SONORA?

Por motivos de seguridade e debido á limitada capacidade das vías, o acceso en coche ao Pazo de Toubes estará restrinxido á organización.

É por isto que habilitaremos un servizo de lanzadeiras gratuíto para chegar a Costeira Sonora desde a contorna.

Ademais queremos facilitarche os desprazamentos seguros, e se vés a Costeira Sonora desde Ourense, ofrecémosche conexión directa, para que poidas deixar o coche na casa. Por só 5 euros máis, coa entrada ao evento podes reservar transporte de ida e volta desde a capital á porta mesmo do recinto.


LANZADEIRAS GRATUÍTAS

Tanto nas inmediacións do Campo de Fútbol de Ribadavia, como en Leiro, onde estaba antes a nosa cooperativa, tés ampla zona para aparcar. Deixa aí o teu coche e súbete a unha das lanzadeiras que che recollerán alí mesmo, e non esquezas a túa entrada, necesitarala para acceder ao recinto de Costeira Sonora.

HORARIO: 16h00 a 03:00, con frecuencia de 30 minutos.

TRAXECTO CIRCULAR: Ribadavia (Campo de Fútbol O Xestal), Leiro (Antiga cooperativa Viña Costeira, Diante a Hostal Souto), Costeira Sonora (Pazo de Toubes)

AUTOBUSES DESDE OURENSE

Para poder acceder aos autobuses con destino a Costeira Sonora desde Ourense, deberás presentar a túa entrada antes de subir. A acreditación abrirase a pé de bus, desde as 15:30 h. Procura chegar puntual, e no caso de que o autobus xa marchara, terás que dirixirte coa túa entrada ás lanzadeiras gratuítas habilitadas desde Ribadavia ou Leiro (ver no apartado anterior).

IDA: 16h00 desde el Parque San Lázaro.-Prégase puntualidade, non se agardará por ninguén-.

VOLTA 1: Ao remate dos concertos. Aproximadamente ás 01h30.

VOLTA 2: Ao remate da última pinchada. Ás 03h00 aproximadamente.

ACCESO A MENORES

Os menores de 10 anos poden acceder a COSTEIRA SONORA de forma gratuíta pero deben vir acompañados por un titor legal que se faga responsable deles durante todo o evento. Ambos deberán estar identificados (DNI ou pasaporte), e encher e entregar o seguinte formulario no acceso a COSTEIRA SONORA. -Formulario para acceso de menores-

ACCESO A PERSONAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Se tés algunha dificultade de desprazamento ou discapacidade sensorial, fáinolo saber para poder darche asistencia. Cóntanos as túas necesidades enviando un correo a sonora@costeira.es, estaremos encantados de darche soporte.

Ademais reservaremos un número limitado de prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida. Podes solicitalo ata o día anterior ao evento, o venres 27 de setembro, ás 12:00 h do mediodía, enviando un correo a sonora@costeira.es. Estas prazas asignaranse en estrita orde de solicitude.

MOEDA

Para facilitar o traballo do staff do festival, a moeda coa que se pagará nos postos de comida e bebida serán os“ Costeiras”. A equivalencia da moeda é 1 Euro = 1 Costeira. Poderás cambiar o teu diñeiro no posto habilitado e sinalizado para isto sen ningún tipo de comisión de cambio, e en calquera momento poderás cambiar de novo os teus “ Costeiras” por euros. En ningún caso se poderá pagar con outro tipo de moeda nas barras de comida e bebida.

COMIDA E BEBIDA

No recinto de COSTEIRA SONORA atoparás diferentes opcións gastronómicas durante toda a xornada. Ademais haberá diversas barras de bebida activas tamén durante a duración do evento. A única moeda aceptada nos postos de comida e bebida serán os “ Costeiras".

¿QUÉ PODO LEVAR COMIGO PARA ENTRAR AO RECINTO?

Poderás entrar a COSTEIRA SONORA cunha pequena mochila co esencial, así que deixa en casa o que máis estorba e preocúpate de gozar e pasalo ben.
A continuación especificámosche os obxectos que non están permitidos:

  • Non se pode introducir comida nin bebida ao recinto, agás comida para bebés en recipiente de plástico. As persoas con diabetes ou celíacas poderán introducir a súa propia comida, coa condición de que demostren a súa condición con certificado médico ou carné.
  • Non está permitido entrar ao recinto con latas, recipientes de vidro, petacas ou cantimploras, produtos en aerosol, bucinas de aire, dispositivos de gravación de audio, drogas ilegais, fogos artificiais, petardos ou bengalas, flyers ou folletos promocionais, punteiros láser, coitelos, armas ou obxectos afiados, nin trípodes ou paus selfie.
  • Non está permitido entrar ao recinto con animais (fóra dos cans de acompañamento ou cans adestrados identificados).

En xeral, e por motivos de seguridade, non poderá introducirse ningún obxecto contundente, arreboladizo ou susceptible de causar dano (a valorar polo director de seguridade).

DEREITO DE ADMISIÓN

A organización resérvase o dereito de admisión ao evento. A organización non garante a autenticidade da entrada se non foi adquirida nos servidores/despachos de billetes de venda oficiais. Non está permitida a revenda da entrada. A organización non asume ningunha responsabilidade en caso de perda, roubo, dano ou mala impresión da entrada. A organización exclúe a súa responsabilidade se a adquisición do entrada se fixo a través dunha plataforma externa de pago que non é da nosa responsabilidade e é allea á nosa empresa.

DEREITO DE IMAXE

Ao comprar a túa entrada para COSTEIRA SONORA, autorizas expresamente a Viña Costeira S.C.G., con domicilio social en Valdepereira s/n 32415 Ribadavia, a utilizar a túa imaxe coa finalidade de promocionar o festival.

Esta autorización non ten ámbito xeográfico determinado, polo que Viña Costeira S.C.G e outras persoas físicas ou xurídicas ás que poida ceder os dereitos de explotación sobre as imaxes, ou partes das mesmas, nas que aparezas, poderán utilizar esas imaxes, ou partes das mesmas, en todos os países do mundo sen limitación xeográfica de ningunha clase.

Esta autorización refírese á totalidade de usos que poidan ter as imaxes, ou partes das mesmas, nas que apareces, utilizando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que puidesen desenvolverse no futuro, e para calquera aplicación. Todo iso coa única condición e limitación daquelas utilizacións ou aplicacións que puidesen atentar ao dereito á honra nos termos previstos na Lei Orgánica 1/85, do 5 de Maio, de Protección Civil ao dereito á Honra, a Intimidade Persoal e familiar e á Propia Imaxe.

Esta autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación das imaxes, ou parte das mesmas, nas que apareces, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado. En caso de querer revogar esta autorización, poderás escribir asonora@costeira.es

En paralelo, as marcas patrocinadoras do festival realizarán fotografías para as súas canles promocionais. O comprador desta entrada autoriza a estas marcas comerciais ao uso da súa imaxe. En caso de non autorizalo, o comprador poderá solicitar a Costeira Sonora o contacto de cada marca para revogar o seu uso.


Lembra que, á hora de comprar a túa entrada para COSTEIRA SONORA 2019, aceptas estas normas e condicións de acceso, facémolo en aras de velar pola seguridade e benestar de quen asistides ao evento. Desfruta!